Saturday 18 de May de 2024

O Club Arqueiros do Barbanza organiza o próximo domingo a terceira proba da liga gallega de percorridos de bosque 3D


O Club Arqueiros do Barbanza organiza o próximo domingo día 29 de maio a terceira proba da liga gallega de percorridos de bosque 3D.
É a primeira proba oficial que organizamos e contaremos coa participación de 73 arqueiros de toda Galicia nunha modalidade que esta en auxe en toda España e que consiste en disparar a 24 dianas que simulan animais a tamaño real colocados ao longo dun percorrido recreando situacións de caza reais, disfrutando tamén do entorno natural.
Dende o noso club aportamos nesta ocasión 12 participantes incluídos os actuais campeones galegos nesta modalidad nas categorías senior home e sub-14 sen visor.